PRESENTACIÓN

Benvidos á páxina web da Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol da Universidade da Coruña, coa que pretendemos que todos os visitantes que accedan a ela obteñan a información que precisen e de xeito especial aos estudantes que se incorporan por primeira vez á vida da Facultade, mostrándolles unha información polo miúdo da estrutura, a organización e o funcionamento da Facultade na que se formarán nos vindeiros anos. Asemade, atoparán información sobre as actividades docentes e sobre o uso das institucións da Universidade da Coruña e recursos dispoñibles nela.

Os estudos de Relacións Laborais, pretenden a formación de especialistas na defensa y asesoramento de traballadores e empresarios, cunha ampla rama xurídica e unha profundidade no dereito do Traballo e a Seguridade Social, outra rama de carácter económico e técnico, con especial atención á visión do subsistema empresarial de RR.HH., sen esquecer a visión global da empresa, tanto dende un prisma interno como externo, con todos os factores económico esóxenos que teñen influenza sobre o sistema empresa e finalmente unha rama sociolóxica sen a cal non teriamos unha visión completa do apaixonante mundo das Relacións Laborais.

O Decano