A Facultade de Ciencias do Traballo implantou no curso 2007/08 o Plano de Acción Titorial da Titulación (PATT), de acordo coas directrices do Vicerreitorado de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías da UDC. Enténdese o PATT como unha oferta formativa, complementaria á realizada na docencia das materias e que integra un tipo diferente de actuacións. A súa finalidade é de proporcionar o apoio e o seguemento personalizados aos alumnos e axudar a mellorar o rendemento académico, a aproveitar os recursos e os servizos que a Universidad pon á súa disposición e a tomar decisións académicas e profesionais ben informadas.
ONDE ESTAMOS
Rúa San Ramón s/n
Campús de Esteiro
15403 Ferrol
Facultade Ciencias do Traballo 2023 / Todos os dereitos están reservados